Uso

Abrir e pechar terminais

Para abrir unha nova xanela de terminal:

Seleccione Ficheiro → Abrir Terminal (ou prema co botón dereito na xanela de terminal e seleccione Abrir Terminal).

A nova terminal herda o directorio de traballo da súa terminal nai.

Para pechar unha xanela de terminal:

Seleccione Ficheiro → Pechar xanela.

Esta acción pecha a terminal e remata calquera subproceso que se abrira dende a terminal. Se pecha a última xanela da terminal, sáese do aplicativo Terminal.

Para engadir unha nova terminal con lapelas a unha xanela:

Seleccione Ficheiro → Abrir lapela (ou prema co botón dereito na xanela de terminal e seleccioneAbrir lapela).

A nova terminal herda o directorio de traballo da anterior terminal activa.

Modificar unha xanela de terminal

Para agochar a barra de menú:

Seleccione Ver → Mostrar a barra de menú (ou prema co botón dereita na xanela da terminal e seleccione Mostrar a barra de menú).

Mostrar unha barra de menú oculta:

Prema co botón dereito na xanela da terminal e seleccione Mostrar a barra de menú no menú contextual.

Mostrar ou ocultar as barras de ferramentas:

Seleccione Ver → Mostrar as barras de ferramentas.

Personalizar as barras de ferramentas:

Asegúrese de mostrar primeiro as barras de ferramentas; despois seleccione Editar → Barras de ferramentas....

Mostrar ou ocultar as decoracións das xanelas:

Seleccione Ver → Mostrar os bordos das xanelas.

Pasar a pantalla completa unha xanela da terminal

Seleccione View → Pantalla completa na barra de menú (ou prema co botón dereito na xanela da terminal e seleccione Pantalla completa).

Para cambiar a aparencia da xanela da terminal:

Consulte « Preferencias » para obter información sobre as opcións que seleccione no diálogo de Preferencias de Terminal para cambiar a aparencia e o comportamento das xanelas de terminal. Por exemplo, pode cambiar a cor de fondo ou a situación da barra de desprazamento.

Para traballar co contido das xanelas de terminal

Para desprazarse polas ordes anteriores e maila saída previa:

Realice unha das seguintes accións:

  • Use a barra de desprazamento, que normalmente se mostra na beira dereita de cada xanela de terminal.

  • Prema as teclas Maiús+Re Páx, Maiús+Av Páx, Maiús+Arriba, Maiús+Abaixo, Maiús+Inicio, ou Maiús+Fin.

  • Usar o botón da roda central do rato se é posible

Terminal imita á consola de FreeBSD cando se preme Bloq despr. Cando está activo o bloqueo de desprazamento, suspéndense a entrada e maila saída normais da shell e pode desprazarse polo historial usando Maiús+Re páx e Maiús+Av páx ou usando a barra de desprazamento opcional. Prema Ctrl+S para activar o bloqueo de desprazamento e Ctrl+Q para desactivalo despois.

O número de liñas que pode desprazarse cara atrás na xanela de terminal está determinado pola opción Desprazar cara atrás da sección Xeral do diálogo Preferencias de Terminal.

Seleccionar e copiar texto:

Pode seleccionar texto de calquera das seguintes formas:

  • Para seleccionar un carácter de cada vez, prema no primeiro carácter que desexa seleccionar e arrastre o rato ata o último carácter que desexa seleccionar.

  • Para seleccionar unha palabra de cada vez, faga dobre clic na primeira palabra que desexa seleccionar e arrastre o rato ata a última palabra que desexa seleccionar.

  • Para seleccionar unha liña de cada vez, faga triple clic na primeira liña que desexa seleccionar e arrastre o rato ata a última liña que desexa seleccionar.

Estas accións seleccionan todo o texto entre o primeiro e o último elemento. En todas as seleccións de texto, Terminal copia o texto seleccionado no portarretallos cando solta o botón do rato. Para copiar explicitamente o texto seleccionado, seleccione Editar → Copiar.

Pegar texto nunha terminal:

Se copiou texto ao portarretallos, pode pegar o texto nunha terminal realizando unha das seguintes accións:

  • Para pegar texto que copiou selecciónandoo unicamente, prema co botón central no indicador de execución. Se non ten un botón central, consulte a documentación do servidor X para obter información sobre como emular o botón central do rato. Isto é equivalente a usar o elemento Pegar a selección do menú Editar.

  • Para pegar texto que copiou explicitamente, seleccione Editar → Pegar.

Para arrastrar un nome de ficheiro a unha xanela de terminal:

Pode arrastrar un nome de ficheiro a unha terminal dende outro aplicativo como un xestor de ficheiros ou un navegador web. A terminal mostrará a ruta e o nome completo do URI.

Acceder a unha hiperligazón:

Para acceder a un Uniform Resource Locator (URL) que se mostra nunha xanela de terminal, siga os seguintes pasos:

  1. Mover o rato sobre o URL ata que aparece subliñado.

  2. Premer co botón dereito no URL para abrir o menú contextual.

  3. Seleccione Abrir ligazón no menú contextual para iniciar o seu Navegador Web preferido e mostrar o ficheiro situado no URL.

Escribir unha mensaxe de correo electrónico:

Para escribirlle unha mensaxe a un enderezo de correo-e que se mostra na xanela da terminal, realice o seguinte:

  1. Mova o rato por riba do enderezo de correo-e ata que o enderezo apareza subraiado.

  2. Prema co botón dereito no enderezo de correo-e para abrir o menú contextual.

  3. Seleccione Escribir mensaxe no menú contextual para escribir unha mensaxe de correo-e no seu Lector de Correo preferido.

Cambiar o título da terminal

Definir o título do diálogo

Para cambiarlle o título á terminal que se mostra actualmente, faga o seguinte:

  1. Seleccione Terminal → Definir título... ou faga dobre clic na cabeceira da lapela de terminal.

  2. Introduza o novo título na caixa de texto Título. Terminal aplicará o cambio inmediatamente.

  3. Prema no botón Pechar ou prema a tecla Intro para pechar o diálogo Definir o título.

Para restablecer o título predeterminado da terminal, realice os mesmos tres pasos tal como se describen enriba, pero introduza un título baleiro.

Terminal substituirá estas cadeas de texto:

  1. %d : nome do directorio actual (curto).

  2. %D : directorio actual (longo).

  3. %w : o título da xanela definido pola shell.

  4. %# : o id de sesión.

Recuperar a terminal

Esta sección seralle de axuda se ten problemas cas terminais.

Restaurar o estado da terminal:

Seleccione Terminal → Restablecer.

Para restaurar e limpar a pantalla da terminal:

Seleccione Terminal → Restablecer e limpar.

Tamén pode usar as ordes da shell reset e clear para restablecer a terminal.

Personalizar as barras de ferramentas

Como xa se mencionou, Terminal inclúe compatibilidade para barras de ferramentas personalizables. Por defecto as barras de ferramentas están desactivadas, e terá que activalas explicitamente. Seleccione Ver → Mostrar as barras de ferramentas na barra de menús para mostrar as barras de ferramentas na xanela actual. Se desexa usar permanentemente as barras de ferramentas, consulte « Aparencia ».

Unha vez que se mostran as barras de ferramentas, seleccione Editar → Barras de ferramentas... na barra de menús ou prema co botón dereito nunha das barras de ferramentas e seleccione Personalizar a barra de ferramentas... no menú contextual. Isto abre a xanela do Editor de barras de ferramentas, a cal lle permite personalizar as barras de ferramentas da xanela de terminal actual.

Personalizar as barras de ferramentas

Simplemente arrastre un elemento dende a xanela do Editor de barras de ferramentas e sólteo nunha barra de ferramentas para engadir dito elemento a esa barra de ferramentas ou arrastre un elemento dende a barra de ferramentas ao Editor de barras de ferramentas para quitalo da barra de ferramentas. Pode engadir barras de ferramentas adicionais premendo no botón Engadir unha nova barra de ferramentas e eliminar barras de ferramentas premendo co botón dereito na barra de ferramentas e seleccionando no menú contextual Eliminar a barra de ferramentas. Tamén pode seleccionar un estilo diferente para a barra de ferramentas dende o menú contextual.

Cambiar de codificación

Terminal aínda non ten soporte incorporado para cambiar a codificación ao voo nunha sesión da terminal. Pero xa que Terminal implementa un modo UTF-8, pode usar o aplicativo Luit para cambiar de codificación de caracteres nunha sesión da terminal.